ES | GA | EN
Admisión e matrícula

Sistemas e criterios de admisión:

O procedemento de selección terá lugar aínda cando o número de solicitantes non supere o máximo establecido de 28 prazas para a súa inclusión na formación de Máster. Dentro deste proceso teranse en conta, de forma obxectiva, os méritos que os aspirantes poidan achegar en relación á súa traxectoria académico-profesional. Os aspectos do currículo relativos aos contidos do máster serán valorados positivamente, de forma específica. Valoraranse os méritos debidamente xustificados (expediente académico e currículo vitae) e tamén poderá realizarse unha entrevista.

Matrícula:

Tempo Completo. Duración dos estudos: un curso académico.
Os estudos a tempo completo implican matricular os 60 créditos necesarios para obter o título de Mestrado, e inclúen: 30 créditos obrigatorios + 24 créditos dunha das dúas especialidades posibles + 6 créditos do Traballo de fin de mestrado.

Tempo Parcial: Duración dos estudos: dous ou máis cursos académicos. (Normativa da UDC de 28 de xuño de 2016)
O mínimo de créditos a matricular será de 24, debendo corresponderse con polo menos un dos módulos existentes, completo (exceptuando o Traballo de fin de Mestrado). O máximo de créditos para esta modalidade é de 48.

Dispensa de asistencia:

O alumnado que xa teña formalizada a súa matrícula a tempo parcial poderá solicitar unha "dispensa de asistencia", de todo ou parte do matriculado, dirixindo un escrito razoado á Comisión Académica da titulación. Os solicitantes disporán de 10 días hábiles desde que finalice o prazo de matrícula para presentar no Rexistro da Facultade o impreso de solicitude cuberto e a documentación acreditativa que proceda. A Comisión resolverá nun máximo de 15 días hábiles, contados a partir da finalización do prazo de presentación de solicitudes. Non poderá aplicarse a dispensa de asistencia para os exames oficiais, nin tampouco para as actividades concretas marcadas como de asistencia obrigatoria, se as hai, nas guías das materias.

Procedemento de adaptación:

O alumnado que proceda dos programas de doutorado da Universidade dá Coruña "Promoción da saúde" ou "Procesos cognitivos, instruccionales e de intervención psicoeducativa", poderase adaptar a este máster, logo de solicitude, podendo recoñecérselle ata 20 créditos correspondentes a cursos de doutorado aprobados. Tamén poderá recoñecerse un máximo de 20 créditos por cursos doutros doutorados regulados polo R.D. 778/1998, sempre que a súa temática se corresponda coa deste máster.  O Traballo de fin de máster non poderá ser, en ningún caso, obxecto de recoñecemento de créditos.

Facultade de CC da Educación

Departamento de Psicoloxía

Coordinadora: Alicia Risso Migues

Información

Correo-e: master.psicologia@udc.es

Teléfono: (+34) 88 101 1790
                (excepto agosto)

Ubicación

Campus de Elviña s/n
15071 A Coruña - España

N: 43° 20' 03'' - O: 08° 24' 56''

Coñecer a cidade

   
inicio  |  administración  |  intranet  |  contacto   Diseño