ES | GA | EN
Especialidades

Este Máster permite optar pola especialidade de "Psicoloxía da Saúde" ou pola de "Intervención Psicolóxica en Contextos Educativos".

• Especialidade en Psicoloxía da saúde
   Nesta especialidade ponse a énfase nos diferentes niveis de análise e as distintas estratexias de acción que, dende as diversas parcelas ou áreas da Psicoloxía, resultan útiles para a prevención, diagnóstico, tratamento e rehabilitación dos problemas de saúde; ou, dito en termos máis positivos, que serven para a promoción, o mantemento e a restauración da saúde integral do individuo.
   O seu ámbito de actuación é o campo da Psicoloxía da Saúde, unha área específica de intervención e investigación especializada, cunha gran demanda por parte dos actuais profesionais da psicoloxía. Búscase, polo tanto, formar profesionais que saiban xuntar os aspectos teóricos, prácticos e de investigación que supón o campo da Psicoloxía da Saúde.

• Especialidade en Intervención psicolóxica en contextos educativos
    Nesta especialidade ponse a énfase nas bases, requisitos e procedementos da intervención psicolóxica en contextos educativos, especialmente no relativo aos procesos emocionais, motivacionais e comunicativos, así como na lecto-escritura e o cálculo.

Facultade de CC da Educación

Departamento de Psicoloxía

Coordinadora: Alicia Risso Migues

Información

Correo-e: master.psicologia@udc.es

Teléfono: (+34) 88 101 1790
                (excepto agosto)

Ubicación

Campus de Elviña s/n
15071 A Coruña - España

N: 43° 20' 03'' - O: 08° 24' 56''

Coñecer a cidade

   
inicio  |  administración  |  intranet  |  contacto   Diseño