ES | GA | EN
Calendario de implantación

• Cronograma de implantación da titulación

Ao tratarse dun título de 60 créditos, a estrutura será a dun curso académico, dividido en dous cuadrimestres.
Os créditos comúns (obrigatorios) impartiranse repartidos nos dous cuadrimestres: 18 ECTS no primeiro e 12 ECTS no segundo. Os créditos das especialidades tamén se repartirán nos dous cuadrimestres, co fin de introducir dende o principio os estudantes nelas: 12 créditos no primeiro e 12 no segundo, por cada unha das dúas especialidades. Deste xeito, a carga lectiva presencial será algo superior no primeiro cuadrimestre, deixando no segundo máis tempo para o traballo autónomo dos estudantes, que terán unha importante dedicación ao proxecto de fin de máster.

Curso de implantación: 2009 / 2010.

• Procedemento de adaptación, se é o caso, dos estudantes dos estudos existentes ao novo plan de estudos:

O alumnado que proceda dos programas de doutoramento da Universidade da Coruña "Promoción da saúde" ou "Procesos cognitivos, instruccionales e de intervención psicoeducativa", poderase adaptar a este máster, logo de solicitude do interesado, podendo recoñecérselle ata 20 créditos correspondentes a cursos de doutorado aprobados. Dada a súa especificidade, non poderá ser obxecto de recoñecemento de créditos o Traballo de fin de mestrado. A proposta aterase á normativa da UDC e corresponderá á Comisión Académica da titulación, logo de consulta ao profesorado das materias implicadas.

• Ensinanzas que se extinguen pola implantación do correspondente título proposto:

Programas de doutoramento a extinguir:
   - Promoción da Saúde
   - Procesos Cognitivos, Instruccionales e de Intervención Psicoeducativa

Facultade de CC da Educación

Departamento de Psicoloxía

Coordinadora: Alicia Risso Migues

Información

Correo-e: master.psicologia@udc.es

Teléfono: (+34) 88 101 1790
                (excepto agosto)

Ubicación

Campus de Elviña s/n
15071 A Coruña - España

N: 43° 20' 03'' - O: 08° 24' 56''

Coñecer a cidade

   
inicio  |  administración  |  intranet  |  contacto   Diseño