ES | GA | EN
Perfil de egreso

Aínda que a finalidade do título, a descrición dos seus obxectivos e a especificación das súas competencias dan xa información suficiente sobre as capacidades, actitudes e competencias que se espera teña o alumnado cando finalice os seus estudos, cabe sinalar que un dos aspectos máis importantes para os que debe estar preparado é para continuar a súa formación nun programa de doutorado, que culminará coa elaboración e presentación dunha tese doutoral.

Sen prexuízo do anterior, o Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada pretende formar profesionais-investigadores que posúan as seguintes capacidades definitorias do que representa a I+D+i:

  • Identificar problemas científicos relevantes a través das fontes de información sobre o estado da arte en psicoloxía

  • Dar unha resposta aos problemas de investigación mediante aplicación do método científico.

  • Ser capaz de comunicar os seus resultados á comunidade científica de referencia co maior impacto posible a través dos diferentes medios existentes.

  • Transferir o seu coñecemento aos sectores profesionais e sociais receptores dos avances en Psicoloxía Aplicada.

  • Ser capaz de innovar nos ámbitos cubertos pola investigación en Psicoloxía Aplicada

  • Posuír un coñecemento actualizado, especializado e multidisciplinar no campo da Psicoloxía Aplicada e, máis concretamente, nalgunha das especialidades de Psicoloxía da Saúde ou de Intervención Psicolóxica en Contextos Educativos.

  • Comportarse científica e profesionalmente de forma congruente co desenvolvemento sostible e a mellora da xustiza social.

  • Ser capaz de emitir xuízos críticos argumentados, e de avaliar unha produción científica conforme aos canons establecidos pola Psicoloxía Científica.

Facultade de CC da Educación

Departamento de Psicoloxía

Coordinadora: Alicia Risso Migues

Información

Correo-e: master.psicologia@udc.es

Teléfono: (+34) 88 101 1790
                (excepto agosto)

Ubicación

Campus de Elviña s/n
15071 A Coruña - España

N: 43° 20' 03'' - O: 08° 24' 56''

Coñecer a cidade

   
inicio  |  administración  |  intranet  |  contacto   Diseño