ES | GA | EN
Perfil de ingreso

A vía natural de ingreso para as persoas interesadas en realizar o Máster en Psicoloxía Aplicada será posuír a licenciatura ou o grao en Psicoloxía, en calquera das súas especialidades, ou unha titulación equivalente obtida nunha universidade española ou estranxeira. Tamén podería interesar a titulados noutras disciplinas que estivesen a desempeñar a súa actividade profesional en unidades de saúde mental ou en contextos educativos e que desexasen obter unha formación específica nalgunha das dúas especialidades que ofrece o máster. Dado que a orientación prioritaria do máster é investigadora, á que se suma unha vertente académica, non habilitará para o exercicio de ningunha profesión distinta a da titulación de ingreso dos estudantes, polo que poderán acceder outros titulados que queiran especializarse nalgunha das temáticas do máster.

En canto ás características que se consideran axeitadas para cursar estes estudos, destacan as seguintes:

  • Características persoais: gusto polo estudo e a lectura, curiosidade científica, capacidade para a aprendizaxe autónoma e o traballo en equipo, habilidades para a comunicación interpersoal, capacidade de análise e razoamento crítico, compromiso ético e democrático, respecto á diversidade e multiculturalidade.
     
  • Características académicas: formación nas ramas de coñecemento de ciencias sociais e xurídicas ou de ciencias da saúde, cultura xeral, coñecementos de informática a nivel de usuario, coñecemento do inglés, bo dominio de calquera das dúas linguas oficiais da comunidade autónoma galega (ortografía, gramática e redacción).

Facultade de CC da Educación

Departamento de Psicoloxía

Coordinadora: Alicia Risso Migues

Información

Correo-e: master.psicologia@udc.es

Teléfono: (+34) 88 101 1790
                (excepto agosto)

Ubicación

Campus de Elviña s/n
15071 A Coruña - España

N: 43° 20' 03'' - O: 08° 24' 56''

Coñecer a cidade

   
inicio  |  administración  |  intranet  |  contacto   Diseño