ES | GA | EN
Permanencia

Enlace á normativa de permanencia da UDC

A destacar:

  • O alumnado de primeiro ingreso deberá superar polo menos 18 créditos no primeiro curso académico, se está matriculados en réxime de dedicación a tempo completo, e 12 créditos se a dedicación é a tempo parcial.
     
  • O número máximo de convocatorias de que dispón un estudante para superar a avaliación dunha materia dunha titulación de Máster Universitario é de dous (os "non-presentado", NP, no computarán a estes efectos).
     
  • Quen esgote o número de convocatorias antedito non poderá proseguir cos mesmos estudos na UDC.
     
  • A matrícula de cada curso académico dará dereito a unha única convocatoria con dúas oportunidades de avaliación que se realizarán conforme ao calendario académico (habitualmente: xaneiro ou maio + xullo).
     
  • A solicitude de desistencia parcial de matrícula, correspondente a materias do segundo cuadrimestre, motivada en causas sobrevidas acreditadas de forma fidedigna, deberá presentarse no prazo que se estableza na Normativa de Xestión Académica de cada curso académico (habitualmente: ata 15 días antes do comezo da avaliación das materias do primeiro cuadrimestre).
     
  • A normativa de permanencia non será de aplicación para o alumnado que participe en programas de mobilidade, durante o ano que curse estudos noutra universidade.

Facultade de CC da Educación

Departamento de Psicoloxía

Coordinadora: Alicia Risso Migues

Información

Correo-e: master.psicologia@udc.es

Teléfono: (+34) 88 101 1790
                (excepto agosto)

Ubicación

Campus de Elviña s/n
15071 A Coruña - España

N: 43° 20' 03'' - O: 08° 24' 56''

Coñecer a cidade

   
inicio  |  administración  |  intranet  |  contacto   Diseño