ES | GA | EN
Requisitos

Requisitos académicos:

  • Licenciatura
  • Grao universitario ou equivalente (p. ex.: Diplomatura + Máster = 240 créditos cursados)
  • Quen proveña dunha titulación non vinculada co campo psicolóxico deberá dirixir un escrito á Comisión Académica do Máster xustificando a pertinencia de obter un Máster en Psicoloxía Aplicada.

Requisitos para o acceso:

A documentación a presentar co resgardo da solicitude de admisión será a seguinte:

  • DNI, NIE ou pasaporte
  • Título (ou certificado de telo solicitado) co que se quere acceder ao Mestrado
  • Certificación académica oficial (CAO) 
  • Currículo, acompañado da documentación acreditativa (ver baremo de admisión)
  • Escrito xustificativo (se procede, de acordo cos requisitos académicos anteriores)

Toda a documentación deberá presentarse convenientemente legalizada (e, se é o caso, debidamente traducida a algunha das linguas oficiais da comunidade autónoma galega). 
Entregarase en persoa ou por correo postal na Secretaría do Decanato da Facultade. 

Consideraranse titulacións válidas:

  • Os títulos universitarios oficiais españois
  • Os expedidos por unha institución de educación superior do Espazo Europeo de Educación Superior que faculten no país expedidor para o acceso a ensinanzas de máster
  • Os ttítulos de países de fóra do EEES homologados polo Estado Español
  • Tamén poderán acceder os titulados de sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade da homologación dos seus títulos, logo de comprobación pola Universidade de que acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de postgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar as ensinanzas de máster. A solicitude de acceso aos estudos por esta vía deberá realizarse de forma expresa.

Facultade de CC da Educación

Departamento de Psicoloxía

Coordinadora: Alicia Risso Migues

Información

Correo-e: master.psicologia@udc.es

Teléfono: (+34) 88 101 1790
                (excepto agosto)

Ubicación

Campus de Elviña s/n
15071 A Coruña - España

N: 43° 20' 03'' - O: 08° 24' 56''

Coñecer a cidade

   
inicio  |  administración  |  intranet  |  contacto   Diseño