ES | GA | EN
Saídas profesionais

Os estudos deste mestrado capacitan a quen os supere para a práctica e a aplicación dos coñecementos en diversos medios e institucións, como clínicas, hospitais, colexios, industrias e universidades.

Posto que se trata dun mestrado universitario dirixido, en primeiro lugar, á especialización de graduados en psicoloxía, as súas saídas profesionais teñen que ver cos ámbitos nos que estes titulados poden desenvolver a súa función profesional: centros de saúde mental (públicos ou privados), centros educativos (públicos, privados ou privados concertados), e exercicio privado da profesión, sexa de forma individual ou como parte de equipos interdisciplinares.

Quen acceda a este mestrado desde outras titulacións afíns, disporá de formación especializada para a intervención neses mesmos contextos, aínda que desde a súa propia óptica profesional co complemento da perspectiva que a psicoloxía ofrece sobre a avaliación, diagnóstico e intervención nos trastornos relacionados coa saúde mental (especialidade de psicoloxía da saúde) ou nos relacionados coa aprendizaxe escolar (especialidade educativa).

Tamén capacita para levar a cabo investigacións científicas e para a entrada nun programa de doutoramento no que realizar unha Tese doutoral que culmine coa obtención do título de Doutor/a, que é o nivel máximo que se pode alcanzar nos estudos universitarios.

Facultade de CC da Educación

Departamento de Psicoloxía

Coordinadora: Alicia Risso Migues

Información

Correo-e: master.psicologia@udc.es

Teléfono: (+34) 88 101 1790
                (excepto agosto)

Ubicación

Campus de Elviña s/n
15071 A Coruña - España

N: 43° 20' 03'' - O: 08° 24' 56''

Coñecer a cidade

   
inicio  |  administración  |  intranet  |  contacto   Diseño