ES | GA | EN
Orientacións

TIPOS DE TRABALLOS DE FIN DE MESTRADO POSIBLES

Proxecto de investigación

Traballo de investigación 

Instrucións para a elaboración dun proxecto de investigación

Terá a estrutura e características dos proxectos de investigación que se presentan ás convocatorias públicas competitivas. Cunha extensión mínima de 5.000 palabras e máxima de 10.000 (incluíndo títulos, táboas e figuras, pero sen contar anexos), deberá incluír os seguintes apartados:

APARTADO
DESCRICIÓN
EXTENSIÓN[*]
Título
Debe resumir a idea principal do traballo dun xeito simple, expoñendo de forma concisa o tema principal e permitindo identificar as variables ou as cuestións teóricas obxecto de investigación, así como a relación entre elas.
20 palabras, máximo
Resumen
Debe ser un breve pero completo sumario do que será a investigación. Incluirá, de forma non-avaliativa, información relativa a: Problema de investigación, Obxectivos, Participantes, Método, Aplicacións ou implicacións dos resultados que se obteñan.
Entre 100 (mínimo) e 250 (máximo) palabras
Antecedentes e estado actual do tema
A finalidade desta sección é:
·   Introducir o problema específico obxecto da investigación
·   Describir os antecedentes e o estado actual do tema (incluíndo as referencias bibliográficas máis relevantes)
·   Indicar o propósito e razón de ser da investigación
500 – 1000 palabras
Referencias bibliográficas
Confeccionaranse segundo as directrices da APA. Os erros neste apartado serán considerados graves.
1 páxina
Obxectivos
Indicar cal é a finalidade do proxecto e as súas metas concretas. Especificar os obxectivos xerais e específicos.
100 – 200 palabras
Hipótese
Formular de modo claro e preciso o suposto que se pretende estudar.
100 – 200 palabras
Método
Deberá describir en detalle como se fará a investigación, de forma que permita avaliar a adecuación dos métodos a empregar e a fiabilidade e validez dos resultados a obter.
Incluirá a descrición de:
·   Participantes (selección e asignación, e características)
·   Materiais ou aparatos
·   Procedemento (resumir cada paso da execución da investigación, incluíndo instrucións, formación de grupos, manipulacións experimentais, …)
·   Métodos de análise dos datos
700 – 1000 palabras
Plan de traballo
Establecer graficamente o desenvolvemento do traballo previsto, indicando escalas de tempos e reparto de tarefas mediante un cronograma.
600-800 palabras
Plan de difusión dos resultados
Indicar os congresos e revistas científicas (indicando o seu factor de impacto) nos que se darán a coñecer os resultados da investigación.
Mínimo:
- 5 congresos
- 5 revistas
Recursos necesarios
Neste apartado, incluirase:
·   Infraestrutura necesaria (tipo de espazo ou centro)
·   Recursos humanos necesarios
·   Material funxible e inventariable necesario
·   Financiamento necesario (desglosado por apartados).
1 páxina
Fontes de financiamento
Indicar as posibles fontes de financiamento públicas
(convocatorias autonómicas, estatais, europeas, …) e/ou privadas.
100-200 palabras
Aspectos éticos
Describir cómo se cumprirán os requisitos éticos relacionados co ámbito do proxecto (consentimento informado, etc.).
1 páxina
Custo económico
Indicar o custo de cada item e o custo final:
·   Gasto de persoal
·   Bens e servizos:
-   Material inventariable
-   Material funxible
-   Contratacións de servizos (especificar)
-   Outros gastos (especificar)
·   Viaxes e dietas (participación en congresos; outros)
1 páxina


[*]Se non se indican mínimos e/ou máximos, a extensión mencionada é orientativa.
 
 
Instrucións para a elaboración dun traballo de investigación
Terá a estrutura e características dun artigo científico orixinal. Cunha extensión mínima de 5.000 palabras e máxima de 10.000 (incluíndo títulos, táboas e figuras, pero sen contar anexos), deberá conter os seguintes apartados[1]:
 
APARTADO
DESCRICIÓN
EXTENSIÓN[2]
Título
Debe resumir a idea principal do traballo dun xeito simple,  expoñendo de forma concisa o tema principal e permitindo identificar as variables ou as cuestións teóricas obxecto de investigación, así como a relación entre elas.
20 palabras, máximo
Resumen
Debe ser un breve pero completo sumario dos contidos do artigo. Incluirá, de forma non-avaliativa, información relativa a: Problema de investigación, Participantes, Método, Resultados, Conclusións e implicacións ou aplicacións.
Entre 100 (mínimo) e 250 (máximo) palabras
Introdución
A finalidade desta sección é:
·   Introducir o problema específico obxecto da investigación
·   Describir os antecedentes e o estado actual do tema (incluíndo as referencias bibliográficas máis relevantes)
·   Indicar o propósito e razón de ser da investigación
500 – 1000 palabras
Método
Deberá describir en detalle como se fixo a investigación, de forma que permita avaliar a adecuación dos métodos empregados e a fiabilidade e validez dos resultados, así como replicar o estudio.
Incluirá a descrición de:
·   Participantes (selección e asignación, e características)
·   Materiais ou aparatos
·   Procedemento (resumir cada paso da execución da investigación, incluíndo instrucións, formación de grupos, manipulacións experimentais, …)
·   Métodos de análise dos datos
700 – 1000 palabras
Resultados
Aquí resúmense os datos recollidos e o seu tratamento estatístico. Haberá que ter especialmente en conta a presentación dos estatísticos. A información contida nesta sección debe ser suficiente como para corroborar as análises levados a cabo. Poderán incluírse táboas e figuras.
800 – 1200 palabras
Discusión e conclusións
Trátase de avaliar as implicacións dos resultados, especialmente con respecto á hipótese. Aquí débense examinar, interpretar e valorar os resultados, e extraer inferencias e conclusións a partir deles. Hai que recalcar as consecuencias teóricas e a validez das conclusións. Rematar o apartado cun comentario razoado e xustificado sobre a importancia dos achados. Incluír achegas orixinais do/a autor/a.
600 – 800 palabras
Referencias bibliográficas
Confeccionaranse segundo as directrices da APA. Os erros neste apartado serán considerados graves.
15 – 25 referencias
Apéndices
Incluiranse só se poden axudar a entender, avaliar ou replicar o estudo. Teñen que estar mencionados no texto.
 
 


[1] Para a elaboración de todos os apartados débense seguir, da forma mais estrita posible, as directrices da APA.
[2]Se non se indican mínimos e/ou máximos, a extensión mencionada é só orientativa.

Material creado por A. Risso

Facultade de CC da Educación

Departamento de Psicoloxía

Coordinadora: Alicia Risso Migues

Información

Correo-e: master.psicologia@udc.es

Teléfono: (+34) 88 101 1790
                (excepto agosto)

Ubicación

Campus de Elviña s/n
15071 A Coruña - España

N: 43° 20' 03'' - O: 08° 24' 56''

Coñecer a cidade

   
inicio  |  administración  |  intranet  |  contacto   Diseño